Publicaciones etiquetadas con: música

Outono en Balboa

Vai dúas findes decidimos facer escapada ata Balboa, no Bierzo, unha boa tirada saíndo o venres de tarde-noite pero que ben mereceu a pena. Alí celebrábase por segunda finde o “Magosto Celta” con festa, castañas e concertos nas pallozas. Primeiro de todo o noso mapa cos sitios de interese:

Chegamos xa coa noite despois de tres horas e pico de viaxe e durmimos no mesmo centro do pobo ao rematar os concertos. Todo un luxo disfrutalos quentiños nas pallozas, impresionante chegar e atoparnos con isto e iso que a foto non fai xustiza ningunha.

2016-11-06-02-36-23

Coa baixada de temperaturas tocou durmir coa calefacción posta a uns cómodos 20ºC -a mellor compra da miña vida- mentres que fóra estabamos a grao e medio. Ata se xeou a ponte de madeira e esvaraba que daba gusto!

2016-11-06-05-55-02

Á mañá despois dun chocolate quente movémonos uns metros ata unha explanada parking habilitada como Area AC cuns baños bastante rústicos e duchas pero que son para o uso no verán hehe

Alí tamén quedamos coa xente de petoscamper que nos entregaron uns bolsilleiros chulísimos a medida que tiñamos encargados, xa volos ensinaremos 😉

Coa luz do día fomos a explorar o pobo e arredores. Tiñades razón @s que nos recomendachedes polo facebook visitar a contorna. Hai diversas pallozas e lugares con encanto coma A Palloza de Chis – que sería o noso lugar de fin de festa ata os primeiros raios día seguinte- o Molino del Agüita, Cantejeira, A Palloza de Balboa etc. Tamén é de obrigada visita A Casa de las Gentes, un museo e centro cívico onde coñecer por exemplo a vida no lugar.

2016-11-05-16-57-25

As pallozas son as construccións tradicionais da zona, construídas con teito de palla. Por dentro están restauradas e convertidas en bares ou restaurantes onde pasar un día de choiva, neve ou frío xeador ao lado dunha lareira.

A choiva impediunos rematar de visitar a contorna pero queda para a seguinte vez, xa que de seguro voltaremos. En Balboa fanse diversos festivais ao longo do ano e nós somos carne de festa 🙂

2016-11-05-15-44-13

Marchamos xa coa caída das primeiras folerpas e tras despedirnos dos amigos que alí atopamos. Precisábamos un par de días máis.. coma sempre 😉

Ata outra Balboa!

Anuncios
Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , , | Deja un comentario

Blog de WordPress.com.