Publicaciones etiquetadas con: festival

Outono en Balboa

Vai dúas findes decidimos facer escapada ata Balboa, no Bierzo, unha boa tirada saíndo o venres de tarde-noite pero que ben mereceu a pena. Alí celebrábase por segunda finde o “Magosto Celta” con festa, castañas e concertos nas pallozas. Primeiro de todo o noso mapa cos sitios de interese:

Chegamos xa coa noite despois de tres horas e pico de viaxe e durmimos no mesmo centro do pobo ao rematar os concertos. Todo un luxo disfrutalos quentiños nas pallozas, impresionante chegar e atoparnos con isto e iso que a foto non fai xustiza ningunha.

2016-11-06-02-36-23

Coa baixada de temperaturas tocou durmir coa calefacción posta a uns cómodos 20ºC -a mellor compra da miña vida- mentres que fóra estabamos a grao e medio. Ata se xeou a ponte de madeira e esvaraba que daba gusto!

2016-11-06-05-55-02

Á mañá despois dun chocolate quente movémonos uns metros ata unha explanada parking habilitada como Area AC cuns baños bastante rústicos e duchas pero que son para o uso no verán hehe

Alí tamén quedamos coa xente de petoscamper que nos entregaron uns bolsilleiros chulísimos a medida que tiñamos encargados, xa volos ensinaremos 😉

Coa luz do día fomos a explorar o pobo e arredores. Tiñades razón @s que nos recomendachedes polo facebook visitar a contorna. Hai diversas pallozas e lugares con encanto coma A Palloza de Chis – que sería o noso lugar de fin de festa ata os primeiros raios día seguinte- o Molino del Agüita, Cantejeira, A Palloza de Balboa etc. Tamén é de obrigada visita A Casa de las Gentes, un museo e centro cívico onde coñecer por exemplo a vida no lugar.

2016-11-05-16-57-25

As pallozas son as construccións tradicionais da zona, construídas con teito de palla. Por dentro están restauradas e convertidas en bares ou restaurantes onde pasar un día de choiva, neve ou frío xeador ao lado dunha lareira.

A choiva impediunos rematar de visitar a contorna pero queda para a seguinte vez, xa que de seguro voltaremos. En Balboa fanse diversos festivais ao longo do ano e nós somos carne de festa 🙂

2016-11-05-15-44-13

Marchamos xa coa caída das primeiras folerpas e tras despedirnos dos amigos que alí atopamos. Precisábamos un par de días máis.. coma sempre 😉

Ata outra Balboa!

Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , , | Deja un comentario

De ir de festival a rematar na neve en novembro

Venres!! maleta e ruta 🙂 marchamos ao festival A Rebusca de Manzaneda e de paso a darlle un pouquiño de cobertura. Aquí o mapa da ruta.

 

Para nós A Rebusca é deses festivais que molan, deses que se vas unha vez voltas sempre. É un festi moi cómodo para ir en furgo cun pobo encantador e cun pavillón con todos os servizos ao noso dispor.

 

Non relataremos o festival porque podedes ver a crónica do que vivimos aquí.

Manzaneda é un pobo que se atopa no Macizo Central cun casco histórico que aínda conserva parte da súa muralla, aproveitamos pois para meternos polas súas rúas. Vese pronto e merece a pena dar unha voltiña.

Engadir tamén que ten unha ruta na que podedes ver o famoso castiñeiro de Pumbariños que seica ten 1000 anos. Chove e decicimos gardar esa ruta para o vindeiro ano. Quédavos picando aquí a guía turística e medioambiental do concello onde atoparedes toda a información.
2015-11-21 16.36.35

 

Aquí unha foto da nosa comida, que non ven ao conto pero valenos para separar. Unhas ricas albónidas de pavo con arroz e salsa de tomate con verduriñas varias. Cousa rica 😛

Hai que coller forzas para o resto do día.

 

 

 

 

 

Frío, frío e moito frío-grazas, calefacción estacionaria!!-, tanto que despois de tanta festa chegou o domingo e daban neve moi perto, na estación de montaña de Manzaneda. Vaia sorpesa! Nós, fauna de costa que vemos nevar só cando imos a buscalo non podiamos quedar sen ver o espectáculo, así que subimos a ver se había ou non neve. E vaia se había.

 

 

A cota estaba a 900metros e chegados aos 1200 a furgo xa derrapaba. Tivemos que subir facendo “eses”. Xa toca meter as cadeas no maletero…

Unha vez chegados arriba xogamos como ananos coa neve e non faltou o chocolate na cafetería, a moza contounos que caíra unha boa nevada mentres durmía e amencera así.

Non nos demoramos moito xa que a noite estaba preto e a neve seguía caendo. En ruta! en Ourense agardábannos dous pasaxeiros para compartir viaxe.

Ata outra Manzaneda.

 

 

Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , | Deja un comentario

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.