De ir de festival a rematar na neve en novembro

Venres!! maleta e ruta 🙂 marchamos ao festival A Rebusca de Manzaneda e de paso a darlle un pouquiño de cobertura. Aquí o mapa da ruta.

 

Para nós A Rebusca é deses festivais que molan, deses que se vas unha vez voltas sempre. É un festi moi cómodo para ir en furgo cun pobo encantador e cun pavillón con todos os servizos ao noso dispor.

 

Non relataremos o festival porque podedes ver a crónica do que vivimos aquí.

Manzaneda é un pobo que se atopa no Macizo Central cun casco histórico que aínda conserva parte da súa muralla, aproveitamos pois para meternos polas súas rúas. Vese pronto e merece a pena dar unha voltiña.

Engadir tamén que ten unha ruta na que podedes ver o famoso castiñeiro de Pumbariños que seica ten 1000 anos. Chove e decicimos gardar esa ruta para o vindeiro ano. Quédavos picando aquí a guía turística e medioambiental do concello onde atoparedes toda a información.
2015-11-21 16.36.35

 

Aquí unha foto da nosa comida, que non ven ao conto pero valenos para separar. Unhas ricas albónidas de pavo con arroz e salsa de tomate con verduriñas varias. Cousa rica 😛

Hai que coller forzas para o resto do día.

 

 

 

 

 

Frío, frío e moito frío-grazas, calefacción estacionaria!!-, tanto que despois de tanta festa chegou o domingo e daban neve moi perto, na estación de montaña de Manzaneda. Vaia sorpesa! Nós, fauna de costa que vemos nevar só cando imos a buscalo non podiamos quedar sen ver o espectáculo, así que subimos a ver se había ou non neve. E vaia se había.

 

 

A cota estaba a 900metros e chegados aos 1200 a furgo xa derrapaba. Tivemos que subir facendo “eses”. Xa toca meter as cadeas no maletero…

Unha vez chegados arriba xogamos como ananos coa neve e non faltou o chocolate na cafetería, a moza contounos que caíra unha boa nevada mentres durmía e amencera así.

Non nos demoramos moito xa que a noite estaba preto e a neve seguía caendo. En ruta! en Ourense agardábannos dous pasaxeiros para compartir viaxe.

Ata outra Manzaneda.

 

 

Anuncios
Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , | Deja un comentario

Unha noite no Courel

Pouco tempo e moito que ver, así podería definirse a nosa curta estancia no Courel.

Era xa a unha e media do sábado cando saímos cara Vigo a coller a dúas persoas para compartir ruta e así aforrar uns euros da viaxe. Se non o soedes facer deberíadelo ter nos vosos plans de ruta pois aplicacións do estilo de blablacar ou amovens fan moito máis asequible a viaxe. Recollemos a un mozo e unha moza para levalos a Ourense, moi agradables ambolosdous. Aforramos 10€

Aínda estabamos a case tres horas do noso destino e queríamos chegar antes de que anoitecese, hai que ter en conta que ás seis e pouco xa se puña o sol no Courel. En ruta.

Conforme nos imos achegado ao destino facemos algunha paradiña porque para nós, fauna de costa, ver tanto monte xunto  e dende tan alto é un privilexio!

2015-11-14 18.03.06-1

Chegar chegamos e chegamos ben. O noso destino era o Albergue municipal de folgoso do Courel, quedaramos con amigos para ir de ruta ao día seguinte e eles durmirían nel. O albergue é moi agradable e limpo, conta con todos os servizos ademáis dunha lareira que nos conquistou -e da que non temos foto- e lévao unha muller moi atenta que vos prestará axuda en todo o que precisedes.

O prezo é asequible, durmindo os nosos amigos por 12.50€ a noite. Nós en cambio acordamos pagar 2.50€ por persoa para poder ducharnos e cear con eles ou por se escoitamos a chamada da natureza, que nunca se sabe 😉 Aclarar que isto só o permiten cando o albergue non está cheo.

A amable muller do albergue informounos de que os nosos amigos acabaran de marchar cara Vilamor. Así que saímos a buscalos. Tamén nos advertiu de que nin se nos ocorrese meter a furgo na aldea, que habíamos de quedar atorados. En ruta cara Vilamor cunha paradiña na cascada de Rexio.

Eu realmente só coñecía o nome pola peli de Ignacio Vilar do mesmo nome [ver tráiler] pero que está rodada nos Ancares, na Fonsagrada e Negreira de Muñiz. Unha peli que recomendo dende aquí por certo!

Aparcamos na estrada e vemos vemos a aldea, castro casiñas e unha igrexa que se ven pronto. O bonito disto é falar coa xente que vive alí, estabanlles comentando a outros viaxeiros que no inverno acababa todo xeado, ata a casacada.

Un pouco máis adainte atopamos aos nosos amigos que tentaban sacar os coches a duras penas, con razón a amable muller do albergue se lamentaba de non telos advertido. Moi complicado maniobrar por eses carreiros bloqueados polos poucos coches da aldea, os que por certo deixan coas chaves por se hai que movelos, cousa que non sabían e que lles explicaron cun “sodes tan parvos que lle facedes a cesárea para que para a vaca”. Pobres de nós como deixemos as chaves postas onde vivimos hehe

Seguimos a ruta cara Froxán, do que non temos máis fotos que esta de serradocaurel.es xa que chegamos de noite. Unha pena pois alí podense ver os secadeiros tradicionais da castaña, que deben estar acendidos durante moito tempo afumegándoas para que se conserven todo o ano. Queda anotado para outra vez. Tamén se fai a festa da pisa da castaña durante a ponte de decembro.

froxan4

Toca xa retirada e volta cara o albergue a cear e a espantar os malos espíritos cunha queimada que mañá esperanos unha boa ruta.

2015-11-14 22.39.44

Nós durmimos na furgo e vendo o panorama acendemos a calefacción estática, esta funciona a gasoil co motor apagado e cun consumo mínimo permítenos durmir quentes cos sete grados de fóra.

Ó día seguinte trala ducha e o almorzo poñemos rumbo ao Alto do Couto, lugar onde aparcaremos para comezar a ruta a pé que preparou o noso amigo Xián. Aquí o pedazo mapa que fixo para que non nos despeñásemos por ningún desfiladero.

A ruta inicial ten uns 10km que se fan sen moita dificultade e logo ten ampliacións para ver outros puntos. Levounos ata as cinco da tarde pero ben merece a pena. O trazado da nosa ruta comeza e remata onde aparcamos.

E como xa se nos viña a noite encima tocou voltar cara a costa con paradiña en Ourense para levar a un majo dono dun kebap a Vigo, aforrando 6€ máis á volta.

O dito, pouco tempo e moita tralla. Agora precisamos outra finde para descansar desta. Ata outra!

IMG_9418

 

Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , | Deja un comentario

Observatorio astronómico de Forcarei

Eran as sete e media da tarde do sábado cando estabamos tomando unha caña sen saber que faríamos pola noite cando nos lembramos que a Fundación Ciencia, Ceo e Cultura organizaba unhas xornadas de portas abertas a partir das 21:30h. Ben pois así soen comezar as nosas aventuras, casa, parking e en ruta!

Por diante tiñamos unha hora e cuarto de camiño ata o noso destino.

Unha vez chegados ao observatorio a verdade que o que chama a atención é o ceo -como non- vaia pasada!! non hai contaminación lumínica nungunha. Na primeira das fotos podemos ver unha estrela fugaz, toda unha sorte captala. A ver se a atopades!

IMG_9155 IMG_9172

Hai que dicir que a entrada para vehículos esta cortada por unha valla e non podemos pasar directamente como xa fixéramos no observatorio astronómico de Cotobade -ao que adicaremos outro artigo-, dende o noso punto de vista bastante mellor para quedar a pasar a noite, se desexamos durmir pola zona debemos buscar outro lugar. Nesta foto deixáronnos meter a furgo para tirar unhas fotos, moi majos!

IMG_9165

Comezaron ensinándonos o funcionamento do telescopio, un telescopio reflector cunha cámara no extremo para tomar as imaxes de longa exposición do ceo. Sen entrar en detalles é un becho que impresiona, atópase baixo unha cúpula que xira co telescopio seguindo os obxectos a observar correxindo a rotación da terra. Trabállase abaixo co ordenador e non con observación directa co cal se desexades ver polo telescopio debedes visitar o de Cotobade, aínda así nas xornadas montan algún máis pequeno fóra para que non nos quedemos coas ganas.

IMG_9148

IMG_9157

Trala excelente explicación das constelacións e de todo o que podiamos ver no ceo nesta época do ano poñémonos en ruta para buscar onde durmir e cear xa que alí non é o sitio para quedarse. A zona para aparcar está pegadiña á estrada e pasan coches de seguido. Imos cara a praia fluvial de Cerdedo, quedámonos co sinal de camiño.

Praia fluvial de Cerdedo [ 42.53084, -8.38928 ]

É unha zona moi tranquila, alomenos a 7 de novembro.

IMG_9174

Alí aparcamos e facemos a cea, como tiñamos o día vago tocou cear de pizzas. Na furgo temos a cociña portatil butsir multigas que funciona con cartuchos ou con bombona de gas por se rematas o cartucho, que nunca se sabe. Isto xunto ao forno plegable cooleman ponnos ao nivel de calquer concurso de Top Cheff. Cea e a durmir, que mañá xa é outro día.

IMG_9171 IMG_9175

Espertamos con bo día, solazo e unhas vistas de envexa, anotamos a zona para facer parada no verán. Ambos observatorios espaciais quedan pretiño así que esta é unha boa zona para quedar.

IMG_9191 IMG_9190 IMG_9232 IMG_9203 IMG_9210 IMG_9226

IMG_9230 IMG_9227

Arrancamos a furgo para o almorzo, que hai que coller forzas para seguir o día! Levamos un inversor de corrente que fai funcionar o microondas xunto coa segunda batería da furgo.

IMG_9196 IMG_9217

Unha vez con enerxía, voltamos para casa para chegar cunha multa de exceso de velociade no peto… 50€ máis cara esta viaxe.. Nalgún momento saltamos o límite. Non corrades que na viaxe non hai presas! Ata outra!!

Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , , , | 2 comentarios

Blog de WordPress.com.