Semana Santa en A Coruña (II)

Como íamos comentando na publicación anterior, os nosos amigos decidiron marchar o domingo pero nós tendo a furgo e o luns festivo decidimos achegarnos ata Coruña a pasar unha noite

Chegamos no medio dun bo temporal -cicolxénese explosiva que lle chaman agora- pero iso non foi problema para saír a dar unha volta. Aparcamos ao pe da Torre de Hércules, o faro romano que fai famosa a cidade. Alí atopamos unha sinal escrita a man que advirte “Prohibido autocaravanas más de 24h”, vemos tamén diversas autocaravanas e furgos. Un bo sitio para pasar a noite a pesar do vento. Ata ten varios wc químicos.

Tentamos entrar na torre pero está pechada por temporal, tocará agardar a mañá así que decidimos achegarnos a ver o mar bater nas pedras. Rochas que foron expectadoras do desastre do Aegean Sea, máis coñecido polo “Mar Egeo” o petroleiro que encallou e estourou no 92 causando unha grande desastre ecolóxica [video]

Aínda me lembro de cando era pequeno e podía ver os restos oxidados do barco emerxendo entre o bater do mar antes de que os retirasen anos máis tarde.

Abonda de vento. Voltamos á furgo a botarlle un ollo á area de autocaravanas da Coruña, a ver se ten mellor pinta para facer noite, pero preferimos o parking da torre. Quedámonos coa localización por se precisamos baleirar augas ou cargar depósito.

Proseguimos pois a ruta no medio da choiva e vento para dar unha voltiña polo centro, onde nos agardaba unhas cervexas artesás e unha visita polo casco vello. As fotos quedan para outra volta que xa era noite. Cea e retirada que mañá é outro día.

2016-03-27 22.08.27

O amencer facémolo tal e como decidiramos, no parking da Torre de Hércules onde almorzamos con vistas aos veciños que decidiron abrir o teito pese ao vento. Valentes! hehe

É a hora de visitar a Torre.

A Torre de Hércules ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.  Foi construída como faro de navegación a finais do século I, pasando a un uso militar na Idade Media e entrando en ruína ata a sua reconstrucción en 1788-1790. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade.

Para entrar hai que pagar un par de euros que axudan ao seu mantemento, en datas sinaladas soe ser de balde. Durante os días de forte vento non poderemos subir ata balcón.. unha pena!

Trala visita, achégamonos á Domus, o museo adicado ao ser humano. Este ten unha entrada de 3€, merece a pena achegarse. Visita obrigada para as excursións escolares que disfrutan do famoso vídeo do parto que traumatizou xeracións, o mesmo video que vin cando era pequecho e que revivimos con esta visita. A pobre muller leva parindo vinte anos e ata ten páxina en facebook.

Non nos queda moito máis tempo, anotamos para outra visita o acuario da Coruña e a Casa das Ciencias, tamén de obrigada parada museística. Podemos acceder a todos cun bono de 12€ sen caducidade.

acuario

Ata aquí A Coruña por esta vez. Voltaremos pronto! 😀

 

Anuncios
Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , , , , , , | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: