Unha noite no Courel

Pouco tempo e moito que ver, así podería definirse a nosa curta estancia no Courel.

Era xa a unha e media do sábado cando saímos cara Vigo a coller a dúas persoas para compartir ruta e así aforrar uns euros da viaxe. Se non o soedes facer deberíadelo ter nos vosos plans de ruta pois aplicacións do estilo de blablacar ou amovens fan moito máis asequible a viaxe. Recollemos a un mozo e unha moza para levalos a Ourense, moi agradables ambolosdous. Aforramos 10€

Aínda estabamos a case tres horas do noso destino e queríamos chegar antes de que anoitecese, hai que ter en conta que ás seis e pouco xa se puña o sol no Courel. En ruta.

Conforme nos imos achegado ao destino facemos algunha paradiña porque para nós, fauna de costa, ver tanto monte xunto  e dende tan alto é un privilexio!

2015-11-14 18.03.06-1

Chegar chegamos e chegamos ben. O noso destino era o Albergue municipal de folgoso do Courel, quedaramos con amigos para ir de ruta ao día seguinte e eles durmirían nel. O albergue é moi agradable e limpo, conta con todos os servizos ademáis dunha lareira que nos conquistou -e da que non temos foto- e lévao unha muller moi atenta que vos prestará axuda en todo o que precisedes.

O prezo é asequible, durmindo os nosos amigos por 12.50€ a noite. Nós en cambio acordamos pagar 2.50€ por persoa para poder ducharnos e cear con eles ou por se escoitamos a chamada da natureza, que nunca se sabe 😉 Aclarar que isto só o permiten cando o albergue non está cheo.

A amable muller do albergue informounos de que os nosos amigos acabaran de marchar cara Vilamor. Así que saímos a buscalos. Tamén nos advertiu de que nin se nos ocorrese meter a furgo na aldea, que habíamos de quedar atorados. En ruta cara Vilamor cunha paradiña na cascada de Rexio.

Eu realmente só coñecía o nome pola peli de Ignacio Vilar do mesmo nome [ver tráiler] pero que está rodada nos Ancares, na Fonsagrada e Negreira de Muñiz. Unha peli que recomendo dende aquí por certo!

Aparcamos na estrada e vemos vemos a aldea, castro casiñas e unha igrexa que se ven pronto. O bonito disto é falar coa xente que vive alí, estabanlles comentando a outros viaxeiros que no inverno acababa todo xeado, ata a casacada.

Un pouco máis adainte atopamos aos nosos amigos que tentaban sacar os coches a duras penas, con razón a amable muller do albergue se lamentaba de non telos advertido. Moi complicado maniobrar por eses carreiros bloqueados polos poucos coches da aldea, os que por certo deixan coas chaves por se hai que movelos, cousa que non sabían e que lles explicaron cun “sodes tan parvos que lle facedes a cesárea para que para a vaca”. Pobres de nós como deixemos as chaves postas onde vivimos hehe

Seguimos a ruta cara Froxán, do que non temos máis fotos que esta de serradocaurel.es xa que chegamos de noite. Unha pena pois alí podense ver os secadeiros tradicionais da castaña, que deben estar acendidos durante moito tempo afumegándoas para que se conserven todo o ano. Queda anotado para outra vez. Tamén se fai a festa da pisa da castaña durante a ponte de decembro.

froxan4

Toca xa retirada e volta cara o albergue a cear e a espantar os malos espíritos cunha queimada que mañá esperanos unha boa ruta.

2015-11-14 22.39.44

Nós durmimos na furgo e vendo o panorama acendemos a calefacción estática, esta funciona a gasoil co motor apagado e cun consumo mínimo permítenos durmir quentes cos sete grados de fóra.

Ó día seguinte trala ducha e o almorzo poñemos rumbo ao Alto do Couto, lugar onde aparcaremos para comezar a ruta a pé que preparou o noso amigo Xián. Aquí o pedazo mapa que fixo para que non nos despeñásemos por ningún desfiladero.

A ruta inicial ten uns 10km que se fan sen moita dificultade e logo ten ampliacións para ver outros puntos. Levounos ata as cinco da tarde pero ben merece a pena. O trazado da nosa ruta comeza e remata onde aparcamos.

E como xa se nos viña a noite encima tocou voltar cara a costa con paradiña en Ourense para levar a un majo dono dun kebap a Vigo, aforrando 6€ máis á volta.

O dito, pouco tempo e moita tralla. Agora precisamos outra finde para descansar desta. Ata outra!

IMG_9418

 

Anuncios
Categorías: Viaxes | Etiquetas: , , , , , , , | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: